Journal

https://sites.google.com/site/didactiquedufle/

OUTUBRO
1º - É importante coñecer o CECRL dende que comezamos a traballar coas linguas, coñeceremos os niveis de referencia coas destrezas e o nivel, tanto dos nenos como o propio, e elaboraremos deste xeito as programacións correctamente.


2º - Dentro das diferentes metodoloxías expostas (método tradicional, método directo, metodoloxía activa, metodoloxía SGAV...) penso que a mellor para traballar co alumnado de infantil sería unha metodoloxía activa, que eles sexan os descubridores dese coñecemento, dun xeito guiado en todo momento. Lamentablemente en moitos centros e moito profesorado sigue ensinando coa metodoloxía de fai trinta anos, a tradicional.


3º - En canto as variables de ensino é moi importante sinalar a influencia da variable "idade"; con isto deberíase ter en conta a adquisición e o traballo de varias linguas estranxeiras dende moi cativos, comezando canto antes o traballo de algunhas destrezas como a comprensión oral.


NOVEMBRO
4º - En canto as diferentes linguas segundo a situación de aprendizaxe xa falo un pouco na miña propia biografía. A lingua inicial (que no meu caso é o castelán), segunda lingua (o galego), linguas estranxeiras (coñecementos de inglés, francés e alemán pero non son apta en todas as destrezas), lingua habitual (o castelán), lingua de travallo (considero que pertencendo á comunidade educativa galega debe ser o galego) e lingua vehicular (depende da situación, en Galicia é o galego, en España é o castelán, e en calquer outro país estranxeiro é o galego).


5º - Teremos en conta as diferentes etapas na comprensión oral (pré-écoute > écoute > après l'écoute) á hora de traballar as linguas cos cativos. A comprensión non terá o mesmo nivel, e neste punto inflúe tamén a variedade da idade.



6º - Teremos en conta en educación infantil á hora de desenvolver a comprensión escrita uns aspectos fundamentais no desenvolvemento do neno ( a adquisición da motricidade fina, o coñecemento das letras...). Evidentemente non podemos pedir que un neno de 5 anos sexa capaz de ler un conto, nin na súa lingua inicial, nin en ningunha outra.


DECEMBRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario